PRENSA Y CRÓNICAS
Un recorrido por los ecos, reseñas y noticias que acompañan a mis libros y proyectos gráficos. Palabras que dejan constancia del camino recorrido y del valor social de las historias compartidas.
LAURA VÁZQUEZ GANA EL PREMIO SIMBAD PARA EL RECUERDO CON SU OBRA «A OUTRA CASA»
La escritora e ilustradora estradense ha resultado ganadora de la quinta edición del certamen literario de Agadea con un álbum centrado en la memoria, los cuidados familiares y la mirada intergeneracional ante el alzhéimer.
Laura Vázquez gana el Premio Simbad para el Recuerdo
La ilustradora estradense Laura Vázquez García ha obtenido el reconocimiento de la quinta edición del prestigioso certamen Premio Simbad para el Recuerdo y el Alzhéimer gracias a su álbum ilustrado «A outra casa».
El certamen literario, promovido por la entidad Agadea Alzhéimer, busca visibilizar y defender la creación artística como una vía cercana y pedagógica para sensibilizar a la infancia, naturalizar los cuidados y tender puentes de empatía hacia nuestros mayores.
En el acto institucional celebrado en el ayuntamiento de A Estrada, representantes del mundo de la cultura y la sanidad elogiaron la delicadeza plástica y la emotividad con la que el relato aborda la pérdida progresiva de la memoria a través de los ojos de los más pequeños.
QUINTA EDICIÓN DEL PREMIO DE LITERATURA INFANTIL SIMBAD PARA «A OUTRA CASA»
O conselleiro de Cultura súmase ás felicitacións para a ilustradora estradense, destacando o valor da obra para achegar a memoria e os coidados ás novas xeracións.
O conselleiro de Cultura súmase ás felicitacións para Laura Vázquez
José López Campos, conselleiro de Cultura, sumouse as felicitacións para Laura Vázquez García, a gañadora da quinta edición do Premio de Literatura Infantil Simbad para o Recordo e o Alzhéimer coa obra A outra casa. Trátase dunha iniciativa impulsada na Estrada pola Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencia Tipo Alzhéimer (Agadea) que conta co apoio da Xunta de Galicia. E, ao fío, destacou que “impulsa a creación literaria en galego á vez que conciencia as xeracións máis novas sobre esta doenza a través da lectura”.
Deste xeito, o xurado valorou a calidade literaria deste traballo, e a súa contribución para achegar ás novas xeracións cuestións relacionadas coa memoria, o alzhéimer e os coidados desde unha perspectiva sensible, próxima e respectuosa. A autora recibiu o distintivo da quinta edición e un premio económico de 3.000 euros.
Proxecto sensible
Durante a entrega do galardón nun acto celebrado no Museo do Moble e da Madeira (o Mome), o responsable de Cultura do Goberno galego tamén transmitiu os seus parabéns á asociación Agadea “pola posta en marcha dun proxecto tan sensible que xa está consolidado”, ao tempo que se mostrou orgulloso porque “os creadores e creadoras se animen a poñer o seu talento a favor desta convocatoria que avoga pola forza da escrita como canle para abordar sensibilidades entre a cativada”.
Ademais, o conselleiro fixo fincapé na importancia que ten a lingua neste certame porque “non deixa de ser unha conexión interxeracional que achega á mocidade desde expresións populares a termos específicos das vivencias que se reflicten, impulsando os seus vencellos co idioma”. O nome de Laura Vázquez uniuse ao de Raquel Castro, Ignacio Vidal, Irene Alonso, Ángela María Curro e Rita Doallo, distinguidos nas catro primeiras edicións deste premio.
FALLO DEL V PREMIO SIMBAD: NUEVAS HISTORIAS PARA RECORDAR Y COMPARTIR
La entidad reconoce la obra «A outra casa» por su excepcional aportación al entendimiento colectivo, transformando la memoria y la figura de los cuidadores en un refugio de ternura y complicidad frente a la enfermedad.
Laura Vázquez, gañadora da quinta edición do Premio Simbad
Laura Vázquez García é a gañadora da quinta edición do Premio SIMBAD para o Recordo e o Alzhéimer pola súa obra A outra casa, presentada ao certame baixo o pseudónimo de Malau.
O fallo foi anunciado este xoves no Museo do Moble e da Madeira da Estrada (MOME), durante un acto organizado por AGADEA Alzhéimer. O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, José López Campos, fixo entrega do premio á autora. Na celebración participou tamén a concelleira de Servizos Sociais do Concello da Estrada, Amalia Goldar, máis representantes de AGADEA Alzhéimer, membros do xurado, profesionais da cultura, persoas usuarias da entidade, familias e público xeral.
O xurado valorou a calidade literaria de A outra casa e a súa contribución para achegar ás novas xeracións cuestións relacionadas coa memoria, o alzhéimer e os coidados desde unha perspectiva sensible, próxima e respectuosa. A autora recibiu o distintivo da quinta edición e un premio económico de 3.000 euros.
O Premio SIMBAD recoñece cada ano a mellor obra orixinal e inédita de literatura infantil e xuvenil en lingua galega que aborde a memoria, o alzhéimer ou outras demencias. O certame toma o seu nome de Chamádeme Simbad, obra de Francisco Castro, que exerce como presidente de honra do xurado, mentres que a escritora e tradutora Ánxela Gracián ocupa a súa secretaría.
Durante a entrega, a presidenta de AGADEA Alzhéimer, Isabel Gey, salientou a importancia de incorporar as demencias á literatura destinada á infancia e á mocidade. A entidade defende a creación literaria como unha ferramenta para favorecer a comprensión, combater os estigmas e transmitir o valor social dos coidados.
O acto foi presentado polo comunicador Pablo Chichas e contou coa actuación musical de The Bichos Jazz Band.
Na súa primeira edición, celebrada en 2022, a gañadora foi Raquel Castro Martínez coa obra Sobremesa sobre versos. En 2023, o galardón recaeu en Ignacio Vidal Portabales por Sucos. A edición de 2024 premiou conxuntamente á escritora Irene Alonso Gasalla e á ilustradora Ángela Curro Sayáns pola obra O nobelo de Nenuca. Finalmente, en 2025, a gañadora foi Rita Doallo con Astralistoria.
Co recoñecemento de A outra casa, AGADEA Alzhéimer continúa impulsando novas historias que axuden a lembrar, comprender e compartir. Porque a memoria tamén se escribe.
«O ÁLBUM ILUSTRADO É O MELLOR LIBRO QUE EXISTE»: LAURA VÁZQUEZ, PREMIO SIMBAD
En entrevista tras alzarse con o certame de Agadea por «A outra casa», a mestra e ilustradora estradense reivindica a linguaxe do álbum como unha ferramenta de empatía e diálogo interxeracional imprescindible para abordar a memoria e os coidados.
«O álbum ilustrado é o mellor libro que existe»
A mestra estradense Laura Vázquez García, de 43 anos e natural de Santo André de Vea, acaba de gañar o Premio de Literatura Infantil Simbad para o Recordo e o Alzhéimer coa obra A outra casa, presentada baixo o pseudónimo Malau. O certame está organizado por Agadea Alzhéimer, (Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencia tipo Alzhéimer). O xurado destacou a súa calidade literaria e a maneira sensible de achegar a memoria, o alzhéimer e os coidados ás novas xeracións. Profesora de primeiro e segundo de Primaria no CEIP Manuel Villar Paramá, compaxina a docencia coa súa paixón pola ilustración, que tamén comparte a través da súa conta de Instagram lauravazquez.ilustra.
Como recibiu a noticia de que A outra casa era a obra gañadora?
Foi unha sorpresa enorme. Presenteime, pero non contaba con gañar. Hai moito nivel e tamén depende do xurado, das valoracións e das votacións.
Tiña experiencia previa escribindo literatura infantil?
Non teño unha traxectoria literaria profesional. Gústame moito inventar historias e, polo meu traballo, levo anos contando álbums ilustrados aos nenos. É un mundo que me apaixona.
E como chegou á ilustración?
Sempre me gustou debuxar, desde pequena. Nos últimos anos retomeino e comecei a facer acuarelas. Tamén comparto as miñas ilustracións nunha conta de Instagram.
A outra casa é a súa primeira obra publicada?
Si. É a primeira que publico e tamén o primeiro álbum que escribo e ilustro. Antes xa me presentara a algún concurso, pero nunca tivera un recoñecemento así.
Que foi primeiro, a historia ou as ilustracións?
Primeiro apareceu a idea da casa. Despois escribín o texto. Tiña claras algunhas imaxes, como a casa cun corazón.
Por que unha casa como fío da historia?
Porque quería falar da memoria dun xeito moi visual. A casa vai cambiando e tamén cambia o que hai dentro.
Hai algunha experiencia persoal detrás da historia?
Non directamente. Non vivín unha situación próxima de alzhéimer. Partín do que leo, do que escoito e do que me transmite unha enfermidade moi dura, especialmente para as familias.
Que lle interesa do álbum ilustrado como xénero?
Para min é un formato extraordinario. A imaxe e o texto contan xuntos, e os nenos son lectores moi intelixentes. Un mesmo álbum pode ter lecturas diferentes e chegar aos adultos.
Como profesora, pensou nos seus alumnos mentres escribía?
Si, pero non lles ensinei o álbum antes de presentalo. Non sabía que podía gañar. Si llo ensinei á familia e a amigas para coñecer as súas impresións.
Que espera da futura edición de A outra casa?
A obra publicarase cando se convoque a sexta edición do premio. Imaxínoa con moita cor, pero aínda non sei como será a edición final. E agardo que me sorprenda para ben.
Que supón para vostede que o Simbad aborde o alzhéimer desde a infancia?
Paréceme moi importante. É unha enfermidade da que hai que falar tamén cos nenos, desde a sensibilidade e sen medo. A literatura pode axudar a comprender o que lles pasa ás persoas e ás familias.
Este premio animaa a seguir creando?
Moito. Vou seguir debuxando e ilustrando. Gustaríame traballar algún día con editoriais e ilustrar outro álbum. Quero continuar por esa liña.
Que significa para vostede este recoñecemento en A Estrada?
É unha alegría enorme. Que unha obra que naceu aquí, dunha mestra e ilustradora de Santo André de Vea, reciba este premio ten un significado especial. E tamén me anima a seguir contando historias.